Dadas as circunstancias que estamos a vivir e ante a imposibilidade de poder continuar coas plantacións cos alumnos, imos crear un diario do horto para que dende as vosas casas poidades ver como avanza.
O horto e os semilleiros seguirán coidados, xa que contamos con mans que nos axudan.
A continuación as primeiras fotos.
Xa pasaron algúns dias desta plantación , aquí podedes ver como van medrando....
Como podedes ver xa temos moi crecidas as patacas, os allos , as cebolas, os amorodos.....
Nos invernadoiros tamén empezan a medrar o sementado e as nosas cerdeiras xa teñen flor!!!
Seguide atentos a ver como medran!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario