viernes, 16 de abril de 2021

O HORTO DE INFANTIL

Este ano, xa que as circunstancias permíteno, os alumnos e alumnas de Infantil recuperaron o traballo no horto.

Empezaron os de 3 anos  trasplantando os sementeiros que tiñan en clase e plantando sementes de amorodos e cenorias.

Esta semana, todo o alumnado de infantil traballou no segundo  bancal, que por primeira vez imos dedicar a flores. Implicáronse tanto que mesmo se animaron cos pequenos sachos para mover a terra.

Pasárono xenial, aínda que o que máis lles gustou foi xogar coa auga da  mangueira!!!

Coa axuda de Xabi ,o noso conserxe, colgamos os recipientes que prepararon desde a comisión do horto e que os alumnos de 5 anos utilizaron para plantar suculentas.

 A  continuación podedes ver todo o seu traballo.


 

El huerto de Infantil - Kizoa Movie Maker