martes, 9 de mayo de 2017

2º PARTE DO HORTO

Coa axuda de Jaime, Angeles e pais continuamos no horto. Primeiro preparamos a terra para facer os bancales, puxémos as bordaduras e fixemos os regos onde plantar os semilleiros que tiñamos preparados no invernadoiros.....

E por fin xa puidemos plantar  as leitugas, as acelgas, os tomates, os pementos de Arnoia, os amorodos, a planta de frambuesas , asi como levar as macetas onde estaba plantado o perexil e as cenorias.
Nos próximos días trasplantaremos as sandias e as cabazas.

Noutra parte do patio temos plantado chícharos, porque foi o primeiro bancal que preparamos fai tempo.
Aproveitando que xa tiñamos o traballo feito, os nen@s de 3 anos dedicaron un tempo a regar e coñecer as o plantado.
Mirade....