martes, 24 de marzo de 2020

DIARIO DUN HORTO



Dadas as circunstancias que estamos a vivir e ante a imposibilidade de poder continuar coas plantacións cos alumnos, imos crear un diario do horto para que dende as vosas casas poidades ver como avanza.

O horto e os semilleiros seguirán coidados, xa que contamos con mans que nos axudan.


A continuación as primeiras fotos.
Xa pasaron algúns dias desta plantación , aquí podedes ver como van medrando....



 

Como podedes ver xa temos moi crecidas as patacas, os allos , as cebolas, os amorodos.....

Nos invernadoiros tamén empezan a medrar o sementado e as nosas cerdeiras xa teñen flor!!!
Seguide atentos a ver como medran!!!







miércoles, 11 de marzo de 2020

CONTINUAMOS TRABALLANDO NO HORTO

Xa estamos de novo traballando no horto. Esta vez tócalles a os alumnos de 6º e Infantil.
Os alumnos de 6º van transplantar os amorodos que estaban plantados no chan a macetas e plantar distintas aromáticas. Os nenos e nenas de Infantil dedicáronse a facer os semilleiros de tomate,cabaza,cenoria,allos porros e melón. 
Como outras veces a comisión do horto está a traballar moi duro con todos nós. 
Esta vez axúdannos pais e avós dos que aprendemos día a día. Moitas Grazas