Xa comezou o novo curso e con iso o traballo no noso invernadoiro. Este ano, como nos regalaron no verán uns pementos de Arnoia, aproveitamos que xa estaban plantados e seguimos co seu coidado.
Os nenos/as de 4 anos comezamos estando pendentes de que non lles falte a auga necesaria para que non deixen de crecer,...
Non satisfeitos con coidalos só, decidimos coñecer o proceso dende o principio. O primeiro que fixemos foi quitarlle as sementes a pementos listos para comer, para deixalas secar e podelas plantar máis tarde.
Mirade todo o proceso e como están crecendo nosos pementos...
No hay comentarios:
Publicar un comentario