domingo, 11 de diciembre de 2016

PRANTANDO CEBOLAS, CENORIAS E PEMENTOS.

Esta vez foron os nen@s de 2º os que puideron prantar cebolas con cepellón e cenorias e pementos en semente. As sementes dos pementos foron as que os nenos de infantil puxeron a secar para poder facer un semilleiro....vamos  a probar que sae ..
Tamén aprobeitamos, que temos unha pouca de terra preto do composteiro, para prantar unhas poucas sementes alí, e comprobar onde medran máis.



                                          - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

martes, 25 de octubre de 2016

PLANTAMOS ALLOS EN 6º

Como estamos no tempo deles os nenos /as de 6º comezamos a nosa plantación de allos, pouco a pouco veredes como nos van medrando. Comezamos.....

lunes, 17 de octubre de 2016

COMEZAMOS UN NOVO CURSO

Xa comezou o novo curso e con iso o traballo no  noso invernadoiro. Este ano, como nos regalaron no verán uns pementos de Arnoia, aproveitamos que xa estaban plantados e seguimos co seu coidado.
Os nenos/as de 4 anos comezamos estando pendentes de que non lles falte a auga necesaria para que non deixen de  crecer,...

Non satisfeitos con coidalos só, decidimos coñecer o proceso dende o principio. O primeiro que fixemos foi quitarlle as sementes a pementos listos para comer, para deixalas secar e podelas plantar máis tarde.

Mirade todo o proceso e como están crecendo nosos pementos...


domingo, 19 de junio de 2016

ACABA O CURSO......

Xa está a rematar o curso, e  xa é o momento de levar para casa as nosas plantacións.....

Mirade que contentos vamos.


Recollendo..... on PhotoPeach

martes, 26 de abril de 2016

martes, 19 de abril de 2016

5 ANOS PLANTA AMORODOS

Seguimos coas nosas plantacións e tócalle a os nenos de 5 anos. Como os nosos compañeiros tamén plantamops amorodos. Esperamos , ata Xuño , para poder ver como medran ....



lunes, 18 de abril de 2016

AS PICANTES CAYENAS....


Os alumnos de 5º  decidimos plantar partindo de sementes, e neste caso son pementos de cayena.
Xa vos contaremos se crecen y se nos saen tan picantes como din que son...




PLANTAMOS EN 4 ANOS

Agora son os nenos de 4 anos os que seguen a plantar amorodos. Mirade que ben o pasamos...


miércoles, 6 de abril de 2016

PLANTAMOS NA CLASE DE 3 ANOS

O luns tocou  plantar na clase de tres anos. Esta vez facémolo na clase e utilizando as botellas de refugallo do comedor.  Plantamos  amorodos, pero antes coñecimos por onde beben as plantas, poidemos tocar as raices, as follas e incluso alguna flor de donde sairán os amorodos.

La presentación seguinte podedes ver todo o proceso. Pasámolo moi ben e quedamos encargados de coidar deles ata o seu nacemento....


martes, 1 de marzo de 2016

TOCA O TURNO DAS PLANTAS AROMÁTICAS

A semana pasada os alumnos de 5º fixemos nosa plantación de  plantas aromáticas. Comezamos un pequeno experimento: queremos comprobar onde medran mais rápido....no invernadoiro ou na clase.
Para elo repartimos a metade para  a clase e a outra para o invernadoiro.
As plantas que utilizamos esta vez foron : MENTA, TOMILLO e ORÉGANO.

A continuación podedes ver todo o proceso.

martes, 9 de febrero de 2016

Para cociñar.....

Para  os que queiran meterse na cociña deixámosvos unhas receitas .....  Bo proveito!!!!!








Para saber mais...


Clicando en cada unha das imaxes podedes coñecer mais cousas sobre os nosos productos.



1º NO INVERNADOIRO

Agora son os alumnos/as de 1º os que foron a plantar ao invernadoiro. Esta vez plantaron leitugas, allos porros e rábanos. Cada un puido ter na súa man a leituga e o allo porro para coñecer as súas partes e asi comprobar canto medran. Os rábanos plantámolos en forma de semente. Para axudar a que nosas plantacións medren botámoslle abono de cabalo que preparamos con anterioridade.