viernes, 16 de abril de 2021

O HORTO DE INFANTIL

Este ano, xa que as circunstancias permíteno, os alumnos e alumnas de Infantil recuperaron o traballo no horto.

Empezaron os de 3 anos  trasplantando os sementeiros que tiñan en clase e plantando sementes de amorodos e cenorias.

Esta semana, todo o alumnado de infantil traballou no segundo  bancal, que por primeira vez imos dedicar a flores. Implicáronse tanto que mesmo se animaron cos pequenos sachos para mover a terra.

Pasárono xenial, aínda que o que máis lles gustou foi xogar coa auga da  mangueira!!!

Coa axuda de Xabi ,o noso conserxe, colgamos os recipientes que prepararon desde a comisión do horto e que os alumnos de 5 anos utilizaron para plantar suculentas.

 A  continuación podedes ver todo o seu traballo.


 

El huerto de Infantil - Kizoa Movie Maker

domingo, 25 de octubre de 2020

CHEGA O SAMAÍN AO CARBALLAL

 O PRÓXIMO DÍA 30 CELEBRAMOS O SAMAÍN.

O GRUPO DE PAIS DO HORTO E VOLUNTARIOS, QUIXERON QUE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA POIDA GOZAR DURANTE VARIOS DÍAS DO AMBIENTE DESTA DATA. PARA ISO ADORNARON AS ENTRADAS E OS PATIOS .

QUEDOULLES XENIAL!!!!

AGORA SÓ QUEDA ESPERAR Á REACCIÓN DOS ALUMNOS MAÑÁ...















MOITAS GRAZAS POLO VOSO TRABALLO E DEIXAR
O COLE TAN BONITO!!

COMEZA UN NOVO ANO NO HORTO DO COLE

XA COMENZARON OS PAIS A POÑER EN FUNCIONAMENTO O HORTO . 

COMO QUEREN QUE LUZA BONITO ,EMPEZAN PINTANDO OS BANCALES E LIMPÁNDOOS DE TANTO TEMPO SEN ESTAR COIDADOS.

     MIRADE QUE BEN QUEDAN!!!

martes, 24 de marzo de 2020

DIARIO DUN HORTO



Dadas as circunstancias que estamos a vivir e ante a imposibilidade de poder continuar coas plantacións cos alumnos, imos crear un diario do horto para que dende as vosas casas poidades ver como avanza.

O horto e os semilleiros seguirán coidados, xa que contamos con mans que nos axudan.


A continuación as primeiras fotos.
Xa pasaron algúns dias desta plantación , aquí podedes ver como van medrando....



 

Como podedes ver xa temos moi crecidas as patacas, os allos , as cebolas, os amorodos.....

Nos invernadoiros tamén empezan a medrar o sementado e as nosas cerdeiras xa teñen flor!!!
Seguide atentos a ver como medran!!!







miércoles, 11 de marzo de 2020

CONTINUAMOS TRABALLANDO NO HORTO

Xa estamos de novo traballando no horto. Esta vez tócalles a os alumnos de 6º e Infantil.
Os alumnos de 6º van transplantar os amorodos que estaban plantados no chan a macetas e plantar distintas aromáticas. Os nenos e nenas de Infantil dedicáronse a facer os semilleiros de tomate,cabaza,cenoria,allos porros e melón. 
Como outras veces a comisión do horto está a traballar moi duro con todos nós. 
Esta vez axúdannos pais e avós dos que aprendemos día a día. Moitas Grazas

miércoles, 13 de noviembre de 2019

Comeza un novo curso no horto

Xa chegou o novo curso e con el a colleita do millo e as fabas que se plantaron o  curso pasado .

Agora  os nenos de 2º recolleron ese milllo e aprenderon a debullalo...mirade que ben o fixeron

sábado, 15 de junio de 2019

MERCADILLO SOLIDARIO






A todas as familias MOITAS GRAZAS por axudar ao noso "50 Aniversario" mercando os produtos do noso horto e os que doounos  unha nai.