Este ano, xa
que as circunstancias permíteno, os alumnos e alumnas de Infantil recuperaron o
traballo no horto.
Empezaron os de 3 anos trasplantando os sementeiros que tiñan en clase e plantando sementes de amorodos e cenorias.
Esta semana, todo o alumnado de infantil traballou no segundo bancal, que por primeira vez imos dedicar a flores. Implicáronse tanto que mesmo se animaron cos pequenos sachos para mover a terra.
Pasárono xenial, aínda que o que máis lles gustou foi xogar coa auga da mangueira!!!
Coa axuda de Xabi ,o noso conserxe, colgamos os recipientes que prepararon desde a comisión do horto e que os alumnos de 5 anos utilizaron para plantar suculentas.
A continuación podedes ver todo o seu traballo.
El huerto de Infantil - Kizoa Movie Maker