martes, 16 de abril de 2019

2º PLANTA MILLO

Este ano coa axuda de Ernes, ensinamos aos alumnos de 2º a debullar millo para plantalo xunto con xudias verdes e negras. Pasárono xenial debullando. Para algúns foi todo unha novidade.
Mirade que ben o fixeron....

domingo, 7 de abril de 2019

Máis plantacións...

Esta vez tocoulle a 6º e 1º. Os de 1º continuaron plantando leitugas varias e cebolas.
Os de 6º utilizaron os bancais antigos,que despois de deixalos preparados unha nai, aproveitaron para sulfatar abono feito de estrugas e  sementar centeo...

Información e formación sobre o composteiro.



Comenza a información do que se pode e non se pode botar no composteiro...


COMEZAMOS COAS PLANTACIÓNS DESTE ANO

Xa preparados os bancais novos , que fixeron os pais, o abono que nos trouxo outro pai e a axuda dunha nai que nos ensina a prantar según o método tradicional comezamos ás plantacións cós alumnos de 4º.  Esta vez plantamos varios tipos de leitugas, allos e prantas que axudan cos "animaliños" que poden afectar a nosa plantación. Mirade que ben o fixeron...