miércoles, 13 de noviembre de 2019

Comeza un novo curso no horto

Xa chegou o novo curso e con el a colleita do millo e as fabas que se plantaron o  curso pasado .

Agora  os nenos de 2º recolleron ese milllo e aprenderon a debullalo...mirade que ben o fixeron

sábado, 15 de junio de 2019

MERCADILLO SOLIDARIO






A todas as familias MOITAS GRAZAS por axudar ao noso "50 Aniversario" mercando os produtos do noso horto e os que doounos  unha nai.

domingo, 9 de junio de 2019

Os alumnos de Infantil puxémonos a plantar.



Os alumnos de Infantil baixamos ao horto para plantar as semillas de cabaza que o ano pasado recolleron os alumnos de 3º. Tamén plantamos unhas fabas  brancas que foron unha doazón.



martes, 16 de abril de 2019

2º PLANTA MILLO

Este ano coa axuda de Ernes, ensinamos aos alumnos de 2º a debullar millo para plantalo xunto con xudias verdes e negras. Pasárono xenial debullando. Para algúns foi todo unha novidade.
Mirade que ben o fixeron....

domingo, 7 de abril de 2019

Máis plantacións...

Esta vez tocoulle a 6º e 1º. Os de 1º continuaron plantando leitugas varias e cebolas.
Os de 6º utilizaron os bancais antigos,que despois de deixalos preparados unha nai, aproveitaron para sulfatar abono feito de estrugas e  sementar centeo...

Información e formación sobre o composteiro.



Comenza a información do que se pode e non se pode botar no composteiro...


COMEZAMOS COAS PLANTACIÓNS DESTE ANO

Xa preparados os bancais novos , que fixeron os pais, o abono que nos trouxo outro pai e a axuda dunha nai que nos ensina a prantar según o método tradicional comezamos ás plantacións cós alumnos de 4º.  Esta vez plantamos varios tipos de leitugas, allos e prantas que axudan cos "animaliños" que poden afectar a nosa plantación. Mirade que ben o fixeron...