sábado, 25 de noviembre de 2017

XA COMEZOU O PROXECTO LANDRA...

Cos "ingredientes" (landras,briks,terra,area....)e a axuda inestimable de Luis que nos ensinou as características das landras, como plantalas, que medio é o mellor, como coidalas,o rego...puidemos poñer en marcha o noso PROXECTO LANDRA.

Primeiro comezamos poñendo a remollo as landras durante 24 horas, todas as que quedaron no fondo foron as que utilizamos para prantar. Despois recollemos terra do horto, area e terra comprada e fixemos unha mestura coa que enchemos os briks e a continuación xa prantamos unha landra por brik según as intrucccións . A continuación Luis propúxonos facer outro tipo de plantación e puxémonos mans a obra...plantamos as landras pero poñendo a vermiculita como sustituto da mestura anterior. 

 A continuación podedes ver os procesos cos alumnos de 1º, 2º , 6º y con 3º fixemos a primeira parte e proximamente o remataremos.

miércoles, 8 de noviembre de 2017

PROXECTO LANDRA

Dende o colexio e mais en concreto dende o Horto,vamos a poñer en marcha unha iniciativa para axudar a recuperar os montes arrasados pola vaga de lumes.
A iniciativa é crear un viveiro de árbores autóctonas para nun futuro próximo poder reforestar os nosos montes. Para elo precisamos:  TETRABRIKS
Prégase traer os tetra briks lavados e cortados como se indica na fotografia.