martes, 12 de diciembre de 2017

PLANTANDO REPOLOS

Os pais da comisión do horto traballaron duro e preparáronnos o bancal para poder plantar os repolos, asi que agora tócanos poñernos mans a obra....mirade que ben o fixemos!!!!!
Xa temos os repolos máis as verzas plantadas.....




Para nosa información e para os demáis, vamos a ter os nomes do plantado en galego, castelá e inglés



sábado, 25 de noviembre de 2017

XA COMEZOU O PROXECTO LANDRA...

Cos "ingredientes" (landras,briks,terra,area....)e a axuda inestimable de Luis que nos ensinou as características das landras, como plantalas, que medio é o mellor, como coidalas,o rego...puidemos poñer en marcha o noso PROXECTO LANDRA.

Primeiro comezamos poñendo a remollo as landras durante 24 horas, todas as que quedaron no fondo foron as que utilizamos para prantar. Despois recollemos terra do horto, area e terra comprada e fixemos unha mestura coa que enchemos os briks e a continuación xa prantamos unha landra por brik según as intrucccións . A continuación Luis propúxonos facer outro tipo de plantación e puxémonos mans a obra...plantamos as landras pero poñendo a vermiculita como sustituto da mestura anterior. 

 A continuación podedes ver os procesos cos alumnos de 1º, 2º , 6º y con 3º fixemos a primeira parte e proximamente o remataremos.

miércoles, 8 de noviembre de 2017

PROXECTO LANDRA

Dende o colexio e mais en concreto dende o Horto,vamos a poñer en marcha unha iniciativa para axudar a recuperar os montes arrasados pola vaga de lumes.
A iniciativa é crear un viveiro de árbores autóctonas para nun futuro próximo poder reforestar os nosos montes. Para elo precisamos:  TETRABRIKS
Prégase traer os tetra briks lavados e cortados como se indica na fotografia.



miércoles, 21 de junio de 2017

Obradoiro gastronómico con 2º.

Como a horta segue dando seus froitos e o final do curso está a chegar, decidimos facer un obradoiro cos nenos de 2º. Esta vez fixémos un  mini pionono con : pan de molde, queixo, xamón, leituga e tomate.

Mirade......




domingo, 18 de junio de 2017

XA COMEMOS DO COLLEITADO....

Co bo tempo nosa horta vai medrando día a día. Xa temos boas leitugas, boas plantas de tomates, pementos...
Para aproveitar  os foitos decidimos facer uns obradoiros cos alumnos de 5º e 6º.
Mirade ....

lunes, 12 de junio de 2017

XA PODEMOS COLLEITAR .....

Coa chegada do bo tempo o noso horto comenza a dar o seus froitos e xa podemos colleitar leitugas, acelgas e amorodos....

O mestre Marcos fíxonos uns letreiros moi chulos e a Comunidade de Montes regalounos hoxe un tractor de terra para facerlo máis grande e así poder plantar máis cousas.

Mirade  que fermosa está a horta... 

martes, 9 de mayo de 2017

2º PARTE DO HORTO

Coa axuda de Jaime, Angeles e pais continuamos no horto. Primeiro preparamos a terra para facer os bancales, puxémos as bordaduras e fixemos os regos onde plantar os semilleiros que tiñamos preparados no invernadoiros.....

E por fin xa puidemos plantar  as leitugas, as acelgas, os tomates, os pementos de Arnoia, os amorodos, a planta de frambuesas , asi como levar as macetas onde estaba plantado o perexil e as cenorias.
Nos próximos días trasplantaremos as sandias e as cabazas.

Noutra parte do patio temos plantado chícharos, porque foi o primeiro bancal que preparamos fai tempo.
Aproveitando que xa tiñamos o traballo feito, os nen@s de 3 anos dedicaron un tempo a regar e coñecer as o plantado.
Mirade....

domingo, 16 de abril de 2017

PREPARANDO BANCALES.....

Después de mucho pedir, el concello  finalmente nos da la tierra que necesitamos para hacer un huerto como queríamos. Previamente tenemos que tener el terreno preparado, así que  nos hemos puesto manos a la obra y con la gran ayuda de Javi y Jaime, ya lo tenemos .....MUCHAS GRACIAS A LOS DOS!!!!
Aquí os dejo parte del proceso...




Proximamente  más noticias de nuestro huerto, ya que los semilleros de lechuga, tomates, acelgas,sandia, calabaza, zanahorias están pidiendo ser cambiadas...

PREPARANDO UN MINI HUERTOEN 4º

En 4º quisimos tener nuestro propio mini huerto en clase, así que nos hemos puesto manos a la obra y decidimos trabajar con semillas de fresas....